O Principiño é unha noveliña que semella infantil pero que agocha profundos pensamentos sobre a amizade, o amor, a vida e a morte.
O nosos protagonista vive nun pequeno esteroide ata que decide viaxar e coñecer o universo. No club cremos que é o máis viaxeiro entre os viaxeiros.
O Principiño foi traducido a 180 linguas. Ata o momento, vendeu xa máis de 50 millóns de copias en todo o mundo. As cifras marean, non é?
domingo, 23 de febreiro de 2014
Gardades libros de viaxes?
Os diarios de viaxes son os recordos máis gorentosos das mesmas. Vós gardades algún álbum, diario ou caderno de viaxes? Se non é así, non o dubidedes, na vosa vindeira viaxe levade un convosco:
domingo, 16 de febreiro de 2014
domingo, 9 de febreiro de 2014
Viaxando a través das lecturas
Antes de
comezar unha nova viaxe de longo percorrido, as sherpas do club decidimos facer pequenas
escapadas a diversas obras centradas na viaxe como eixe temático. Un weekend plan moi xeitosiño para abrirlles boca ás nosas lectoras e lectores sobre obras que, por tempo, non poderemos traballar en profundidade.
Fuchicamos no fondo da nosa biblioteca e atopamos moitísimas obras, clásicas e anovadoras, nas que a viaxe ten un peso grande dentro da súa trama.
Fuchicamos no fondo da nosa biblioteca e atopamos moitísimas obras, clásicas e anovadoras, nas que a viaxe ten un peso grande dentro da súa trama.
Cal pensades
que puido ser o primeiro dos destinos? Pois un ben curioso, a viaxe teimosa: o
conto de Rafael Dieste “O vello que quería ver o tren”, porque ás veces temos
que lembrar que viaxar é algo máis que visitar lugares de postal. Ver mundo non nos está permitido a todos e, cando por fin degustamos esa devecida lambonada por anos agardada, deixa en nós un pouso de amargor.
O
vello fala pouco. Vai satisfeito pero un tanto tristeiro. Naquel mundo que
lostregara un intre diante del, abesullaba moitas cousas endexamais
presentidas
alá nas altas toxeiras. Había máis mundos que o seu. Mundos embruxados, ledos e
tentadores. Mais el, xa, malpocado...
De súpeto o rapaciño dixo:
—Eu, cando medre, tamén hei de andar en tren.
As engurras do vello teceron unha sombría tristura. O rexo carro de bois volvía
rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea de nome bravo e silvestre
perdida entre calados cumios.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)