martes, 21 de maio de 2013

A Cabeza de Medusa

Xa estamos rematando A cabeza de Medusa. E xa estivemos intercambiando opinións sobre o libro. A Víctor de 1º da ESO non lle gustou,deixoulle un pouco desacougado. A Clara,compañeira del, gustoulle,ainda que lle pareceu unha novela dura.
A Irene e Lara de 4º da ESO gustoulles moito. Veremos o que opinan os demais na seguinte reunión.


A cova das vacas mortas

Xa vai un tempiño que rematamos de ler A cova das vacas mortas e a todos e a todas nos gustou moito,sobre todo porque está ambientado nunha zona moi cercana a nos,e incluso fala do noso Instituto.
Ós de 1º da ESO gustoulles a historia, e ós de 3º e 4º se sentian ben identificados cos seus protagonistas.
A nosa seguinte proposta será A Cabeza de Medusa.. Veremos o que sacamos del.